4.9 C
Santa Comba
martes, diciembre 24, 2024

A gran verbena de luz

Óscar de Souto

Unha nova recente da que se facía eco o portal dixital de GCiencia sobre a contaminación lumínica das novas farolas que serán instaladas, en breve, no Osmo cormelán poñían de moda este tema tan debatido nas redes socias. O erro de moita xente o dar por feito que os que protestamos pola luz excesiva, e inclúome, facémolo por vicio e para deixar todo a oscuras, mais non é asi, e aclararémolo aqui,  neste artigo.
 A contaminación lumínica é a emisión dun fluxo de luz en intensidades, direccións, rangos espectrais e-ou horarios sobrados ou ilóxicos para a práctica das actividades do lugar onde se atopan ubicadas as luces en cuestión. Provoca deslumbramentos i empeora a seguridade vial e cidadá, transtornos no sono, etc, etc, etc. Polo tanto aqui ninguén fala de apagar todo senón de corrixir eses defectos de forma na instalación das farolas ou postes que teñen como única misión, en teoría, iluminar o chan, nada mais. 

E hoxe quero traer aqui un novo exemplo de mala praxis dun concello que coñezo moi de preto, Cabana de Bergantiños, onde o Señor Alcalde, querendo emular a Abel Caballero, apuntouse xa a esta nova conducta política de deslumbrar a todos cun lucerio de alta potencia.  Todo o esteiro do Anllóns e parte da ria de Corme e Laxe conta xa con poderosos focos para que, veciños e visitantes, poidan admirar de  noite a gran verbena de luz da praza do Pendón en A Carballa City Center. Moi comprensible, por outra parte, pois é a foto no xornal, a luz, a festa, eso é o que pode determinar unha victoria electoral, é, parece ser o único que importa en moitos casos. Mais agora si, falando xa mais en serio, vou a relatar os contrariedades que conleva un exceso de luz e unha inadecuada posición das luces públicas, coma neste clarísimo exemplo da capital cabanesa.

O mais coñecido dos inconvintes pode ser que non podemos ver o ceo coa nitidez de antano, pois este é o mais difundido efecto negativo da dichosa contaminación lumínica. Pero teñamos tamén en conta que podendo iluminar ese lugar coa mesma luz e menos focos, mellor dirixidos, só o chan, etc, etc, coa mesma luz útil, repito, a mesma, podemos gastar menos electricidade. Aforro para as arcas municipais, acerto intelixente dos que dirixen a verbena da paloma e mais diñeiro para invertir noutras necesidades. 

E chegamos agora o punto negro deste asunto que é o que mais me afecta, a min…. de forma directa, pois fai xa moitos anos, mais de vinte, que pesco coa cana xusto nesa zona en concreto e podo afirmar que a mesma noite da inauguración, con festa incluida, de dita plaza, pararon repentinamente de picar as robalizas e, dende aquel día ata hoxe, xa pasaron algúns anos, emigraron elas i eu detrás. Porque a luz artificial nun ecosistema mariño rompe o equilibrio entre presa e depredador,  afecta os animais, as londras, aves, etc, os insectos e tamén as plantas, causando problemas de orientación, alteracións nos seus ciclos biolóxicos, desaxustes poblacionais e un longo etc que, por suposto, tamén temos que ter en conta o marisco de cuncha, que tamén emigrou a Ponteceso. Un gran éxito da administración local. 

E resumo. Luces si….. pero…… orientadas só o chan e nunha posición e intensidade sensatas. Con cabessiña todo se pode facer ben e polo ben de todos …. mellor facelo ben.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos