12.1 C
Santa Comba
lunes, octubre 7, 2024

O BNG confía en volver a ser relevante na política de Santa Comba

Alberto Calvelo, arroupado por Elvira Cienfuegos e polo alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, no mitin da Pereira.

O candidato do BNG á alcaldía de Santa Comba, Alberto Calvelo, presentouse na súa parroquial natal, A Pereira, acompañado por veciños, membros da candidatura, polo alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, e pola responsable comarcal Elvira Cienfuegos. Tamén falou o responsable local, Alexandre Antelo. Todos expresaron o seu apoio a Calvelo. O alcalde Juan Blanco detallou distintas iniciativas desenvolvidas polo BNG no concello de Mazaricos.

Pola súa banda, Alberto Calvelo, está convencido de que despois das eleccións “imos estar aí” e contan retornar a corporación local:”Só pedimos catro anos porque peor non o imos facer”.Xustificou o seu salto a primeira liña da política “pola ineficacia dos gobernos que se fan chamar os salvadores de Santa Comba. Se esperamos por eles levámola clariña”.

Sobre o PP manifestou que “levan 28 anos facendo e desfacendo” sen resultados positivos xa que “lexislatura tras lexislatura a poboación descende”.

Tamén tivo críticas para o líder do PSOE, José Antonio Ucha: “Ucha, coa cara de risa que ten sempre, díxome que levaba dúas mocións de censura e que iba pola terceira. Xa me dixo todo, o seu é esbardallar e esbardallar”.Sobre Compromiso precisou:”Cando ao PP lle fagan falta os seus votos aí estarán”.

Para o candidato nacionalista o fundamental é “conservar o que temos”, se ben hai necesidades como o Centro de Día, e dar “facilidades para que xente se empadroe e as empresas se instalen” nun concello “participativo e transparente”.Calvelo reivindicou “as institucións para o pobo” e dixo que o apoio popular neste primeiro acto era “un xute de forza”

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos