9.8 C
Santa Comba
sábado, noviembre 9, 2024

Eleccións Municipais 2019 Cabana: unha cuestión de números

Óscar de Souto

Escomeza a loita pola alcaldía no concello cabanés e maila novidosa aparición de novos gladiadores nas areas deste circo político que cada catro anos estoupa en promesas e mais promesas, e case sempre, ….. todas incumpridas. Neste artigo de opinión, a modo de avance e balance da situación, aposto por unha nova victoria do César Augusto José Muiño, posiblemente pola mínima, seis ou sete, maioría absoluta por terceira vez, e xa son catro senlleiras victorias e dezaseis anos ao frente do consistorio de A Carballa. 

A repentina irrupción de Perfecto Vázquez Lema vinculado al PP dende o ano 1991, foi edil de Cultura e Deportes de Cabana e chegou a dirixir a comisión de Vías e Obras da Diputación de A Coruña na etapa de Diego Calvo ó frente desa institución provincial, e agora aparece como líder deste partido Unidos x Cabana que parece querer recoller ese voto dos descontentos de dereitas e restar forza a todo ese novo empuxe de votos que pode gañar o actual partido de goberno pola aparición aparentemente perigosa de todos estes novos gladiadores. Mais como as cousas por aqui soen ir moi, moi, moi amodo poida que quitar… un só escano, dos once posibles, sexa xa motivo de festa en Borneiro. Outra cousa sería que ese escano poidera acabar apoiando a Roma ou a Espartaco…. eu aposto mais por dicir que non vai ser preciso ningún pacto porque «Roma traditoribus non praemiat». Roma non paga a traidores.

O aumento dos votos para o Psoe nas nacionais non parece, a prori, que vaia a dar gratas sorpresas ó novo dirixente local, Juan Ramón Varela Martínez, que presentan os socialistas deste municipio como troco de ultima hora pero poidera desinflar ainda mais esa maltreita oposición mansa que por seculum seculorum non dan acadado a tan ansiada cadeira da alcaldía.

José Díaz aparece como o Espartaco desta historia, Naristóteles chámanlle os veciños, pero a miña opinión desta formación que aparece tamén por sorpresa, no último segundo, cun paquete de medidas e queixas moi ben elaboradas que ata copian os demais rivales pero para facerse oco nesta verbena terán que pedir número.

No caso do partido de David Cancela e compañía, Bng, facendo oposición decorativa, e cero escaños nas anteriores, igual lles sona a flauta nesta. Moita sorte a todos.

Sen moitas sorpresas poida ser o resumen desta tarta dos votos que é moi pequena e da pouco reparto. Poidera ser, incluso, que algún comensal quede sen o seu anaco. 

Que gane o mellor.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos