Vídeo Adiante TV.Presentación da candidatura de Compromiso por Santa Comba no auditorio do multiusos xalleiro.
O candidato á alcaldía de Santa Comba por Compromiso, David Barbeira, asegurou que o partido que lidera “non vai pactar con ningún partido baixo ningún concepto” e no caso de gobernar só o farán “con membros de Compromiso”.
“Se a xente de Santa Comba realmente quere que esteamos na oposición, estaremos na oposición e traballaremos desde aí. Non imos tirar dous anos de goberno pola borda”manifestou Barbeira que confía que “saquemos un bo resultado”.
O candidato galeguista tamén falou de PP e do PSOE:“Tanto o goberno local como a oposición, agora mesmo, están máis preocupados en discutir entre eles que en aportar solucións”.
Davi Barbeira asegurou que o programa electoral “é realizable e está feito por todos vós”.Tamén salientou o traballo feito por Compromiso “desde a oposición” e pediu “unha oportunidade” para poder desenvolver o seu proxecto.
Presentación do programa e da candidatura
Con anterioridade e despois do saúdo inicial de Esperanza Velo; outros dous candidatos Monse Almozara e David Pereira, explicaron as liñas básicas do programa de Compromiso por Galicia. Entre as propostas figuran a creación dun Centro de Día público con opción a residencia, recuperar a banda de música municipal, unha delegación da Escola Oficial de idiomas ou contar cunha filial do Conservatorio de música.
Tamen plantexan a mellora do transporte público ou un plan municipal de redución do consumo enerxético.O acto político celebrado no multiusos, contou cun saúdo gravado do presidente de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas.