11 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

David Gómez propón unha baixada dun 20% dos soldos do goberno, unha auditoría e acabar coa lista de agarda no servizo de Axuda no Fogar

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Zas, David Gómez, concede un «suspenso rotundo» ao goberno do BNG de Zas, xa que considera que «se perderon catro anos de lexislatura» dos cales en tres anos e dez meses non se fixo nada e durante os últimos dous meses tirouse a casa pola ventana pero as cousas así non saen ben». Puxo como exemplo a situación «das cunetas que da pena velas».

Audio coa entrevista a partir do minuto 59

David Gómez:»O obxectivo do PP é obter a alcaldía»

Gómez Brandariz pensa obter «un grandísimo resultado» nas vindeiras eleccións deixando claro que «o obxectivo do PP é obter a alcaldía». Ten «moita ilusión» coa súa candidatura «de xente nova, e complementada coa experiencia de xente» coma Xoán Camafreita ou Braulio Rama.

Para o candidato popular, Zas «está no vagón de cola da comarca«. Dúas das premisas do PP é que «non fai falta gastar excesivas cantidades de cartos para facer obras útiles para os veciños». E tamén lanzan outra mensaxe»Queremos que os veciños se volvan a sentir orgullosos do concello de Zas».

Abastecemento de auga, cheque bebé e solo industrial

Entre os compromiso de David Gómez está o de baixar o soldo un 20% xa que lle parece excesivo que se gastaran na lexislatura «320.000 euros en retribucións». Tamén pretende impulsar distintas iniciativas como obradoiros de emprego, plans de emprego subvencionados, o incremento do solo industrial, e que logra que «a lista de agrada do servizo de axuda no fogar sexa cero».

Outras propostas do PP son un proxecto de abastecemento de auga, un plan municipal de control da vespa velutina, un cheque bebé «que habería que gastar no comercio local», a modificación do PXOM, ou a realización dunha auditoría «para ver como está o concello porque pensamos que hai bastante cousas que se nos tapan».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos