13.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

José Manuel Pérez:”Temos que darlle unha volta á política de Coristanco e contar con xente nova”

José Manuel Pérez Abelenda é o candidato do PSOE á alcaldía de Coristanco. Colleu o temón dun partido “no que segue habendo discrepancias a nivel local” pero co obxectivo de centrarse nas vindeiras eleccións.”Darei moitas explicacións pasadas estas eleccións” indica.

Entrevista a Pérez a partir da 1:01:00 de emisión

É unha das persoas que sentiu “desilusión” despois do “xiro dramático por intereses” que deu Coristanco coa moción de censura que “lle quitou dereitos e servizos aos veciños” e que non serviu porque “Coristanco non mellorou, coa moción foi a peor”.

Un episodio na historia de Coristanco que dalgún xeito para Pérez Abelenda segue presente porque “aqueles que orquestraron unha moción de censura hai dous anos hoxe están divididos en tres partidos, pero para min son un”.

«Traballar polos veciños de Coristanco»

Está contento coa candidatura que lidera porque é “un equipo de traballo con persoas moi válidas que están empuxando moito” con xente “proactiva, ilusionada e comprometida”.

Está convencido de que “temos que darlle unha volta á política de Coristanco e contar con xente nova”, aproveitando que “a nivel xeral as políticas do Partido Socialista están funcionando”.

José Manuel Pérez comprométese a “traballar día a día polos veciños” e pensa que “Coristanco necesita humildade para manter servizos e infraesturas, nas que se gastaron miles de euros pero están soterradas”.Entre as súas prioridades está a mellora dos centros educativos e a mellora do abastecemento de auga a todo concello.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos