7.6 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Sergio Noya:“Queremos darlle fin a unha etapa de goberno de abandono, parálise e favoritismo”

O Partido Popular de Mazaricos presenta a súa candidatura este venres ás 9 da noite na Casa da Cultura da Picota.

Entrevista a Sergio Noya a partir del mimnuto 32

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Mazaricos, Sergio Noya, asegura que o seu obxectivo é “conseguir a alcaldía” para poder “darlle fin a unha etapa de goberno de abandono, parálise e favoritismo”.

Noya recoñece que a idea de presentarse “non foi unha decisión fácil”  pero o feito “de que se fixera unha lista en tres días é porque a xente ten ganas dun cambio”.

“Nós non facemos promesas que non podemos cumprir”

Nunha entrevista  en Radio Xallas avanzou dúas das propostas do seu programa que quere “frear a perda de poboación”, ofrecer un conxunto de naves industriais con alugueres económicos para asentar empresas e crear un Centro de Día. “Nós non facemos promesas que non podemos cumprir” precisou Sergio Noya.

O candidato popular anunciou unha campaña electoral ”tranquila sen enfrontamentos, falando máis ben das nosas propostas” aínda que tamén darán conta de cuestións “que os veciños deben saber”.

Por último, amosouse satisfeito coa “recepción positiva” que están encontrando na xente e tamén asegura que existe “descontento” co actual goberno.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos