Estimada Patricia Val, Concelleira polo PSOE de Santa Comba: O pasado 30 de Abril do 2019 no transcurso do Pleno Extraordinario do Concello de Santa Comba, vostede fixo unhas declaracións (a titulo persoal) referentes a Asociación Costavales (a cal presido) polo que por alusións véxome na obriga de facerlle algunhas puntualizacions o respecto dos seus comentarios, mais que nada polo contexto e o lugar no que foron feitos:
En primeiro lugar aclararlle que a nosa solicitude de subvención foi presentada e xustificada en tempo e forma polas magnificas profesionais que traballan na nosa entidade; o problema da «perda» da subvención veu dada por segunda vez por un erro, neglixencia (chámelle vostede como queira) do correspondente empregado do Concello que fixo un reparo á nosa solicitude e esquezouse de comunicalo, polo que o expediente pasou o limbo dos xustos.
E digo por segunda vez por que é a segunda vez que nos ocorre,.. no exercicio 2014 unha subvencion tramitada e xustificada sencillamente desapareciu por non ser atendida en tempo e forma, tendo o Concello que remendar do mesmo xeito que a que nos ocupa, polo que esperamos que a máxima autoridade do noso Concello Dª Maria José Pose Rodriguez se disculpe públicamente. Non é necesario que o faga nun Pleno do Concello para que se reflexe en acta (pero si seria desexable); sérvenos calquera medio de comunicación publico.
Unha vez aclarado este decisivo punto, gustariame explicarlle que a Asociación Costavales é unha entidade que xurde o albor da Asociación de Empresarios de Santa Comba que foi quen financiou e puso os recursos necesarios para a creación da moeda social Costavales. Este proxecto completamente inédito na nosa comunidade xamais recibiu un so céntimo de subvención do noso Concello, nin subvención, nin axuda , nin interese , nin sequiera curiosidade para ser mais exactos… Cando a nosa entidade escomenzou a voar soa devolveu ata o ultimo céntimo do prestamo que a Asociacion de Empresarios lle fixera.
Esta Asociación percibe a Subvención Nominatia que nos ocupa pola organización das Feiras de Primaveira e Outono, pois por razóns de forza maior tivo que deixar de organizalas a Asociación de Empresarios de Santa Comba (que organiza outros eventos como as Rutas de tapas, Campañas de promoción do comercio local, Ceas Benéficas,etc… Claro que todas estas campañas non serian posibles sen a inestimable colaboración do Concello de Santa Comba que cada ano adica 12.300 euros (segundo o Portal de Transparencia) á promoción do comercio local.
Polo que unha vez demostrado que nos SI sabemos tramitar as subvencions tamén estamos dispostos a que se nos audite e se valore a xestion e o rendimento que sacamos das ridiculas cantidades de fondos publicos que o Concello nos otorga e comparalas co rendemento doutras Asociacions e entidades ou mesmo eventos que organiza o propio Concello,…, e falo de todas con independencia do partido politico que governe.
Pero xa que estamos co Portal de Transparencia vexamos qué recursos adican distintos Concellos a promoción do comercio local: Mazaricos = 33.000 €, Negreira = 58.014 € , Zas = 27.052€, Val do Dubra = 81.825 € , Camariñas = 310.952 €, Boimorto = 47.603 € , Cabana de Bergantiños = 75.729 € , Malpica = 140.530 € , Muros = 66.327 € , Carnota = 20.287 €. Muxia = 29.000 € …. e ¿sabe por qué hai tanta diferencia entre o que adican esos Concellos a promoción do Comercio e o noso?, porque esos Concellos asumen directamente o traballo que Costavales e Empresarios fan en Santa Comba o que representa un aforro para o Concello de Santa Comba de entre 150.000 € e 350.000 €, euro arriba euro abaixo e dependendo de quen «governe»… vamos que a nefasta promocion que facemos do comercio local non lle costa un peso ó Concello e é financiada polo propio comercio de Santa Comba.
É especialmente sangrante que un Concello no que existen 762 empresas rexistradas, xerando emprego e riqueza, non teña un Departamento de Promoción do Comercio Local; e tamén e bastante triste que ningún partido politico leve nos seus programas electorais ningun proxecto de calquera tipo para impulsar o pequeno comercio e as Pemes locais e con ese escaso respaldo moral critiquen alegremente a entidades que ben ou mal polo menos fan algo.
Respecto a súa pregunta sobre quén usa os Costavales en Santa Comba pódolle dicir que a dia de hoxe 32 comercios e entidades admiten Costavales e temos 250 usuarios rexistrados. O que si lle podo confirmar e que a pesar de que fixemos unha campaña na que regalabamos 10 euros en costavales a cada usuario que se dexe de alta na aplicación, no me consta que ningún Concelleiro do Concello de Santa Comba o fixera… o que denota o tremendamente preocupados que están polo comercio local, que non o queren nin que lle regalen os cartos pra gastar nel.
E no tema de que as Asociacións deben de empuxar polo Concello para que medre, tamén estou dacordo con vostede. Verá, … cando escomenzamos co proxecto da moeda social aló polo 2007 fixémolo porque éramos plenamente conscientes de que as dificultades que se atisbaban no horizonte eran practicamente insalvables: a crise, as grandes áreas comerciais, o comercio por internet, o inverno demográfico… abócanos a fase terminal na que está, non so o comercio, senón o Concello de Santa Comba … por iso investigamos sobre momentos historicos similares ó noso, buscando inicativas que tiveran éxito, e vimos a experiencia do Pobo de Vorgl en Austria en plena crise do 29 e como o seu alcalde socialista Michael Utemgugemberger puso en marcha unha moeda social coa que remontaron a crisis, eliminaron o paro, e mesmo fixeron inversións en infraestructuras mentras noutros Concellos a xente morría a fame. A seguinte pregunta foi : ¿Seria capaz o Concello de Santa Comba de facer algo similar con todos os recursos tecnicos, humanos e económicos dos que dispón? e a resposta unánime foi NON… ¿facémolo nos? Veña adiante !!… e fixémolo.
Fixémolo o punto de que concurrimos as subvencions do Agader e conseguimos unha subvencion que nos permite poñer en marcha unha aplicacion móvil para o uso dos Costavales co que xa temos o pack completo GRATIS para ofrecerlle ó Concello.
¿Qué pode facer o Concello con esto? Promover de verdade o comercio local e de proximidade, protexer o medio ambiente, controlar e supervisar o bon uso das axudas sociais, mellorar exponencialmente a economia de Santa Comba, etc, etc ¿Que ten que poñer o Concello?…Vontade politica, ten que querer, ten que pagarlle unha parte das dietas os concelleiros en Costavales para que den exemplo e consuman en Santa Comba, ten que aceptar algunhas tasas en Costavales, ten que abonarlle un porcentaxe ridiculo da nómina os seus empregados en Costavales, ten que otorgar premios en Costavales, ten que premiar a recollida de basura e a entrega no punto limpo con Costavales, ten que erixirxe como o máximo promotor e defensor dos Costavales e incentivalos de verdade, non con miserables limosnas, e aproveitar todas as sinerxias que xeneraria o ser un referente en economia social (congresos, charlas, etc sobre moeda social )… como fan por exemplo en Zafra donde goberna un Alcalde do PSOE : http://infoprovincia.net/2019/02/08/el-proyecto-de-la-moneda-local-varamedi-de-zafraamplia-dos-anos-mas-su-actividad/
Todo esto teria dificultades de todo tipo, as mesmas que tivemos que superar nós sen mais medios que o noso traballo e inventiva, so querendo… A pregunta é: ¿Vos os politicos queredes?
Nada mais, … as súas disculpas non teñen por qué ser no Pleno porque as súas criticas infundadas, ainda que moi dolororas, entendemos que se deberon a desinformación, pero cando sexa así, non se corte, pregunte… que a atenderemos gustosamente; nós estamos para eso.