O candidato do Partido Popular á alcaldía de Coristanco, Juan Carlos García Pose, mantivo unha xuntanza de traballo co Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña ao que lle trasladou as propostas que ten para o concello.
En primeiro lugar, García pediu a Consellería de Sanidade a rehabilitación integral do Centro de Saúde da capital municipal.Desde o Partido Popular preténdese impulsar un convenio entre concello, Sanidade e Educación para implantar o programa “Aliméntate ben”, para fomentar os hábitos alimentarios saudables na poboación infantil.
Tamén se quere promover un programa de “Vida Saudable” para a poboación en xeral, unha campaña para concienciar dos efectos nocivos do tabaco e do alcohol, un ciclo de charlas saudables.
O candidato á alcaldía agradeceu a receptividade do conselleiro e puxo en valor a importancia de que con este ciclo de xuntanzas e actos “os problemas de Coristanco estean na axenda dos conselleiros. A administración é coñecedora de necesidades, pero agora coñecen máis a fondo as nosas demandas e tamén as nosas propostas. Uns viñeron a Coristanco e outros recibíronnos nos seus despachos e polo tanto escoitaron de primeira man o que Coristanco necesita”
Fonte – Nota de prensa do PP de Coristanco