5.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

María Pose:”Levamos tres anos traballando arreo para sacar proxectos adiante despois dun ano de parálise”

Audio coa entrevista a partir do minuto 31

 

A candidata do Partido Popular á alcaldía de Santa Comba, María Pose, agarda poder acadar unha maioría absoluta “para poder seguir traballando polo noso concello”, logo dunha etapa de “tres anos traballando arreo para sacar proxectos adiante despois dun ano de parálise do goberno socialista”.

Pose destacou que encabeza “unha candidatura equilibrada” que mestura xente con experiencia de goberno, con persoas cunha traxectoria de traballo no PP, xunto con outras novas e de membros de Terra Galega, que conforman “un grupo de xente con ilusión e ganas de traballar”.

Balance positivo de xestión

A actual alcaldesa fixo un balance positivo deste mandato no que “partimos nun ano de ineptitude(PSOE), onde non se xestionou absolutamente nada”. Puxo en valor o “gran avance” en materia de servizos sociais, coa mellora e aumento das horas de atención domiciliaria, a posta en marcha da Unidade de Atención Temperá e do Comedor sobre rodas.

Tamén se referiu as actuacións en infraestruturas deportivas, como no pavillón de Fontenla, na piscina climatizada, ou no ximnasio coa adquisición de máquinas novas. Ademais mencionou a nova pista multideporte, a colocación de céspede artificial no campo de Fontenla ou a inmediata instalación dunha pista de Calistenia.

Citou o proxecto de humanización da contorna do colexio Barrié de la Maza,os obradoiros de emprego, a recuperación da Poxa de Xovencas frisonas, da radio municipal, da Festa dos Maiores, dos conxuntos etnográficos da Pereira e A Illa, ou melloras en rúas e na rede viaria. Non se esqueceu “do impulso a unha vella demanda como é a conexión con Santiago cunha fase en obras e outra en redacción”.

Esther Espasandín, José Manuel da Chela e Silvia Couto

Nunha entrevista en Radio Xallas para presentar a candidatura do PP xalleiro, estivo acompañada pola candidata número 2, Esther Espasandín que xustificou a súa continuidade na vida política “porque creo neste concello”. Mantén a intención de “seguir na liña de atender aos nenos e aos maiores e facilitar a conciliación”.

Outro interveniente foi José Manuel Rodríguez “Chela”, número 6 da lista que expresou as súas “ganas de traballar por Santa Comba” e por poder desenvolver proxectos para “frear o problema do éxodo do rural e evitar que a xente nova marche”.

Pediulle a xuventude “que confíe en nós, nun proxecto moi ambicioso con xente preparada e capacitada para gobernar Santa Comba”.Por último, Silvia Couto, número 8 da candidatura, falou da relevancia das redes sociais que “chegan a moita xente que pode ver a túa información”. Couto Nieto leva anos vinculada ao partido.”Eu quero traballar polos meus veciños e porque creo no proxecto de María Pose”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos