7.5 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

Comunicado da Asociación Costavales en relación ao último pleno do concello de Santa Comba

Comunicado da Asociación Costavales en relación ao último pleno do concello de Santa Comba

Desde a asociación de empresarios de Santa Comba remítennos o seguinte comunicado co rogo de que se publique o texto íntegro. 

En relación ao Pleno Extraordinario celebrado o pasado 30 de abril e concretamente ao punto referido a aprobación de dúas subvencions nominativas, a Asociación Costavales quere ACLARAR: 

• Que o Concello de Santa Comba concede no exercicio 2018 unha Subvención Nominativa á Asociación Costavales por importe de 2.000 euros para a promoción do comercio; máis concretamente para a Feira da Primavera. 

• Que dita subvención foi xustificada en prazo con data de rexistro do 12/11/2018, a través da Sede Electrónica. • Que ata o día de hoxe, non se recibiu notificación algunha para subsanar deficiencias ou aportar documentación adicional que non fora incluida inicialmente na xustificación. 
• Que é obriga das administracións notificar as deficiencias de calquera expediente e conceder un prazo para subsanar ditas deficiencias ao solicitante. 

• Polo que consideramos que o retraso no pagamento de dita subvención non se debería a deficiencias no proceso de xustificación nin a entrega de documentación fóra de prazo por parte da nosa entidade. Deberase máis ben a un erro do Concello como o acontecido no exercicio 2014 cunha subvención concedida á Asociación de Empresarios por importe de 5.000 Euros, tramitada e xustificada en prazo e cobrada 3 anos despóis. Polo que respecta o obxecto da subvención e dado que apreciamos unha total desinformación en relación ás actividades que levan a cabo tanto a Asociación Costavales como a Asociación de Empresarios, debemos

ACLARAR: 

• A Asociación Costavales créase no ano 2014, promovida pola Asociación de Empresarios, co obxectivo de por en marcha un proxecto baseado nas moedas sociais complementarias que están a funcionar noutros paises e noutras Comunidades Autónomas. 

• O proxecto “Dinamización e impulso da economía local a través da Aplicación Móbil para o uso dos Costavales” foi presentado no Agader a travé do GDR 19 – Terras de Compostela – co obxectivo de impulsar a economía local achegando o uso das novas tecnoloxías. O GDR 19 adxudicou a puntuación máxima a este proxecto e foi cofinanciado polo FEADER . 

• A Asociación Costavales retoma dende o 2016 a organización da Feira da Primavera , que ata ese momento corría a cargo da Asociación de Empresarios de Santa Comba, e ámbalas dúas entidades colaboran conxuntamente na promoción de actividades que impulsen a economía local. Dende o ano pasado organizamos tamén a Feira de Outono. 

• Que a colaboración do Concello na Feira de Primavera e de Outono limítase a cesión do Recinto Feiral e a publicidade do evento, non realizanado tarefas de xestión nin de organización. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos