5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

García Pose trasladou as súas demandas ao Conselleiro de Cultura e Turismo

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Coristanco, Juan Carlos García Pose, mantivo unha xuntanza de traballo co Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, ao que lle plantexou as súas demandas fundamentais en materia de cultura e turismo.Entre elas está a solicitude da declaración de Festa de Interese Turístico para a Festa da Pataca «un evento moi arraigado ao que lle daremos un revulsivo».

Juan García explicoulle ao conselleiro o seu Plan de potenciación dos recursos turísticos do concello de Coristanco(Verdes, Alcaián, Fonte Coba, Batáns, A Rocheira, etc.). Este proxecto contempla a mellora das infraestruturas, señalización, limpeza, rehabilitación e recuperación das áreas abandonadas, mediante un convenio a tres bandas entre o Concello, Conselleira de Cultura – Turismo e Agader.

Nesta xuntanza tamén se falou da necesidade de ampliar a oferta cultural para tódolos públicos no municipio, e un programa de axudas para actividades Culturais, musicais, Cabalgatas de Reis, festas parroquiales e AMPAs.

O equipo do PP de Coristanco tamén pretende traballar para que Coristanco conte cun auditorio municipal.»Nós non queremos facer brindis o sol. O noso programa contempla medidas reais e factibles e que contan co apoio da administración» declarou Juan García que se mostrou «moi satisfeito» pola receptividade do conselleiro de Cultura e Turismo que amosou a súa disposición a colaborar coas iniciativas que se plantexen desde Coristanco.

Fonte- Nota de prensa do Partido Popular

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos