7.6 C
Santa Comba
sábado, marzo 30, 2024

Lage Tuñas:“Este moi bo resultado electoral é unha primeira pedra para as eleccións municipais”

José Manuel Lage Tuñas falou “Na Encrucillada” de Radio Xallas. A partir del minuto 25 del audio

O secretario de organización provincial do PSdeG cualificou de “moi bo resultado” o que se acadou o pasado domingo 28 de abril, e “unha noticia extraordinaria volver a ser a primeira forza na provincia desde 1989”.

José Manuel Lage recoñece que cada cita é distinta pero representa “unha primeira pedra para as próximas municipais” e “un bo termómetro que pode ser de moita axuda para os candidatos e candidatas do PSOE”.

Magnífico candidato en Mazaricos

Referiuse ao concello de Mazaricos, onde “aspiramos a ter moi bos resultados” cunha “candidatura renovada e un magnífico candidato como Javier González Trillo” do que destacou “un actitude aberta e dialogante e un coñecemento do municipio”.De tódolos xeitos recordou que “a día de hoxe non temos ningún concelleiro” polo que o prioritario é obter representación.

Con respecto á Costa da Morte, Lage Tuñas confía na continuidade dos alcaldes de Fisterra, Dumbría, Camariñas, Corcubión e Dumbría, e que en Muxía o candidato Iago Toba renove a maioría absoluta que ten Félix Porto.Tamén tivo unha referencia para “o alcalde de alcaldes”, José Manuel Pequeño Castro, presidente provincial do PSOE e que leva gobernando Dumbría desde 1987.

Boas expectativas en Cee e Vimianzo

Lage incidiu nas “moitas expectativas” que ten o partido en Cee polo traballo desenvolvido pola candidata Margarita Lamela “fiscalizando o traballo do goberno desde a oposición”.

Outro municipio onde os socialistas agardan uns excelentes resultados é no concello de Vimianzo, onde se reunificou o partido e se postula a Mónica Rodríguez “que pode facer un magnífico papel como alcaldesa de Vimianzo”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos