8.8 C
Santa Comba
jueves, noviembre 30, 2023

Xosé Abelenda:”Os emigrantes só somos bos para pagar”

Entrevista en Radio Xallas. Escoita a conversa con Xosé Abelenda a partir do minuto 62.

Un pulso co xigante Inditex

O sindicalista xalleiro Xosé Abelenda lembrou, cinco anos despois, o pulso que mantivo co xigante Inditex “nunha situación moi dura para os traballadores e un caso de dumping bastante grande pero no que puidemos acadar unha solución despois de dúas semanas coas obras paradas”.

Foi unha demanda intensa que rematou con éxito “porque os dereitos é fundamental que sexan respectados”, lembra este veciño de Grixoa de Esternande que agora exerce como inspector federal no sector das telecomunicacións en Suíza.

Discriminación fiscal

Nunha entrevista en Radio Xallas, lamentou que “os emigrantes só somos bos para pagar”, e explicou as misivas que están recibindo moitos emigrantes por parte do fisco español “reclamando que paguen impostos sobre alugueiros das vivendas que teñen no estado español cando xa o fisco suízo inclúe a pagar unha parte para eles”.

Para Abelenda non é xusta a “tarifa plana” tributaria que afecta aos emigrantes. Tamén se mostrou moi crítico coa lei 35/2006 que discrimina aos traballadores da diáspora.”Tanto o PP como o PSOE son culpables. O PSOE creouna e o PP púxoa en valor”· Aconsellou ás persoas que teñan pensado retornar que se informen para evitar problemas. E destacou o traballo do BNG neste senso “xa que batallou duramente a través de Ana Miranda”.

Parque eólico e estrada de San Salvador

Ademais referiuse a situación da diáspora:”Hai xente que está en traballando en Suiza porque en Galicia non pode.A emigración baixou pero aínda segue chegando xente”.

No programa “Na Encrucillada” Xosé Abelenda tamén falou de temas relacionados con Santa Comba:”Non entendo como a día de hoxe, ao lado da Fervenza de Castriz se queira facer un parque eólico”.

Outro tema que tratou son as comunicacións:”Santa Comba está desconectada das grandes cidades, non hai nin conexión directa coa autovía nin coas cidades”.

Con respecto a estrada de San Salvador precisou que “temos unha corredoira e hai cartos que viñeron das eólicas que están sen mover”. E recriminou o papel dos distintos gobernos:”Calquera dos que estiveron no goberno non fixeron nada”.

Apoio ao BNG de Santa Comba

Abelenda milita no BNG desde 1995, Nestas eleccións vai na lista como representante da emigración porque Santa Comba “é un pobo de xente que tivo que emigrar, e é importante que nos teñan en conta”.

Agarda que a candidatura que encabeza Alberto Calvelo “acade un bo resultado” como tamén espera que haxa representantes nacionalistas o parlamento estatal-

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos