9.7 C
Santa Comba
lunes, abril 8, 2024

Xuntanza do candidato do PP de Coristanco coa Conselleira de Política Social

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Coristanco, Juan Carlos García Pose, mantivo un encontro de traballo coa Conselleira de Política Social, Fabiola García, para tratar de distintas cuestións que desde o PP local consideran «fundamentais».

De feito Juan Carlos García xa manifestou públicamente que se chega á alcaldía a vindeira será «a lexislatura dos máis vulnerables, os nenos e os maiores».

Centro de Día e Centro da Información á Muller

Nesta xuntanza, García falou sobre o proxecto dun Centro de Día ou Fogar residencial, a necesidade de aumentar as prazas de gardería e tamén do número de horas do Servizo de Axuda no Fogar(SAF).

Outras das medidas plantexadas polo candidato popular é a creación dun fondo social de vivendas mediante a rehabilitación das «antigas vivendas dos mestres» e a implantación dun Centro de Información á Muller(CIM).

 Juan Carlos García expresou a súa «satisfacción» porque «todas as nosas propostas son posibles de executar e encontran encaixe na axenda de traballo da consellería de Política Social, cunha conselleira que amosou unha receptividade total».

Nota do Partido Popular de Coristanco

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos