Terra de Xallas non concorrerá ás eleccións municipais
Os promotores da candidatura de Terra de Jalhas anunciaron que finalmente non concorrerán ás eleccións municipais do 26 de maio. Despois de múltiples xuntanzas organizadas en distintos puntos do concello de Santa Comba, non se conseguiu reunir ás persoas suficientes para confirmar unha candidatura.
De tódolos xeitos, este grupo expresou a súa intención de “seguir traballando” e mantendo reunións mensuais.Pero sen ir ás eleccións.Meses antes dos comicios de 2015 tamén se falou da presentación de “Eu Son Santa Comba” que finalmente non participou.
PP, PSOE, Compromiso e BNG
De momento xa están confirmadas e teñen candidatos, o Partido Popular con María Pose, o PSOE de José Antonio Ucha e Compromiso por Galicia liderado por David Barbeira.
Fontes do BNG aseguraron a Adiante Galicia que presentarán candidatura, aínda que están pendentes de elixir á persoa que encabece a mesma.
Se non hai ningunha sorpresa serán, polo tanto, catro as papeletas que haxa nos colexios electorais xalleiros. Igual cifra que fai catro anos, salvo que neste caso non se presenta Terra Galega e si Compromiso.