6.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

O PSOE xalleiro asegura que o plan estratéxico é inviable e propagandístico

O Partido Socialista criticou nun comunicado o plan estratéxico de Santa Comba presentado polo goberno local, xa que “obecede máis a intereses persoais que ás necesidades reais da veciñanza” e que constitúe “unha representación virtual dos mundos de Yupi, pura propaganda dun proxecto inviable”.

Aseguran que “o goberno do PP está máis pendente de titulares e de postureo que de xestionar e plasmar os proxectos en investimentos reais”, despois de “tres anos de desgoberno” sen que se conseguiran “cuestión básicas” como a transferencia do Centro de Saúde, a construción dun Centro de Día ou a depuración das augas residuais.

“Non pisan a realidade do pobo. Da medo que estes ideólogos que perpetraron a praza do parchís se poñan agora a reordenar a vila” asegura o partido que lidera José Antonio Ucha Velo.

Rúa Lugo, Rosalía de Castro e Avenida Alfonso Molina

Desde o PSOE afirman que “os veciños da Rúa Lugo seguen a esperar a que o goberno se digne a darlle solución ao problema da falta de aparcadoiros para ir ao centro médico. Non pode suceder que a xente maior e con dificultades deambulatorias, teña que camiñar longas distancias por falta de aparcadoiros, cando hai terreos valeiros na zona con propietarios que, previo convenio co Concello, os cederían como aparcadoiros”.

Tamén falan da rúa Rosalía de Castro, onde os veciños “tampouco entenden cómo, a pesar de gastar o diñeiro na reurbanización da rúa, non meteron a rede de sumidoiros nova e a consecuencia diso teñen que seguir padecendo as inundacións dos seus baixos”.

E engaden que “os veciños da Avenida de Alfonso Molina non se explican cómo pode ser que despois de catro meses seguen esperando para que se arranxe unha simple farola”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos