16.3 C
Santa Comba
jueves, octubre 31, 2024

José Antonio Andrade:”Penso que as cousas poden cambiar en Coristanco”

Audio coa entrevista a José Antonio Andrade a partir do minuto 35 do programa

O candidato á alcaldía de Coristanco polo BNG, José Antonio Andrade, avoga por unha política responsable “nun concello onde a trifulca garantida” e existe “un ambiente envelenado que dificulta unha xestión eficaz”.

Avogado de profesión desde fai máis de tres décadas, Andrade, quere achegar “unha actitude construtiva e crítica” e “sentido común” nun municipio que se caracteriza polo funcionamento “caótico e turbio” e onde percibe “diferenzas entre o funcionariado e a clase política, o que é un problema que pode ser tremendo”.

“Carballo é unha referencia pero nós temos proxecto propio”

O candidato nacionalista cualifica de “auténtico drama” a perda de poboación e considera prioritario “fortalecer” o servizo de atención social e a creación de emprego, con acción para fomentar os sectores primarios, e puxo como exemplo o forestal.

“Carballo é unha referencia pero nós temos proxecto propio” explicou Andrade, que considera que máis cas siglas nas vindeiros eleccións municipais “o que realmente hai que valorar son os compoñentes de cada lista”.

Nunha entrevista no programa radiofónica “Na Encrucillada” deixou unha mensaxe:”Eu non veño a loitar contra ninguén, senón para traballar con dignidade”

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos