5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Boas perspectivas do BNG na Costa da Morte de cara ás vindeiras eleccións municipais

O responsable comarcal do BNG na Costa da Morte, Serxio Domínguez, falou no programa “Na Encrucillada” das perspectivas do seu partido nas vindeiras eleccións municipais.

O traballo do BNG en Cee

Domínguez, que é o líder nacionalista en Cee, asegurou que neste municipio “hai un ambiente mo bo e imos saír a gañar”. Afirma que a xestión de Ramón Vigo “foi pésima e decepcionarte”, sen novas propostas e onde “Cee perdeu catro anos máis”.

Lembrou a problemática das Festas da Xunqueira “onde o alcalde nos puxo nun problema que nos custou case 57.000 euros”. Ou tamén a da piscina “onde pasamos de ingresar 10.000 euros anuais a pagar 80.000 euros”.

En contraposición lembrou ás “preto dun cento de iniciativas” do BNG “achegando ideas” para o mercado municipal, o repetidor de Lires ou a contaminación da ría.

Repetir maiorías en Carnota e Zas

Domínguez destacou o “bo facer” de Manuel Muíño en Zas e agarda que “referende” a súa maioría absoluta, ao igual que no concello de Carnota, onde desta volta o candidato é Milucho Louro “que vai a ser o mellor alcalde da historia de Carnota”. Non se esqueceu e Moncho Noceda que “encontrou o concello medio fundido e hoxe está moito máis saneado”.

Seguir no goberno de Fisterra

Con respecto a Fisterra, loou o “traballo, a insistencia e a valía” de Kuka Sar e ten “boas vibracións” sobre as posibilidades do BNG de Fisterra, confiando en que poida en rexistrar un crecemento importante incluso superando ao PSOE.

Recuperar o feudo de Corcubión

Segundo o responsable comarcal, en Corcubión “estamos preparando a lista” e en breve datas se presentará tamén o candidato.Incide que no 2015 “quedamos a 36 votos do PSOE” e polo tanto considera que “estamos en condicións de dar unha batalla forte”.

Medrar en Camariñas e Muxía

Neste dous concellos o BNG ten un único representante.Repiten Carlos Concheiro e Ilva Carril. Serxio Domínguez agarda “dar un paso cara adiante” e que se reforce a presenza nas corporacións municipais.

Non descartan presentarse en Vimianzo e Dumbría

Segundo as súas declaracións en Radio Xallas, En Vimianzo “estamos traballando para presentar unha lista” e hai optimismo de que se consiga. Menos doado está en Dumbría, aínda que non se descarta que haxa papeletas do BNG o 26 de maio neste municipio.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos