5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Juan García reuniuse coa Conselleira de Educación

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Coristanco, Juan Carlos García Pose, mantivo unha xuntanza de traballo coa conselleira de Educación, Universidade de Formación Profesional, Carmen Pomar.

García Pose trasladou distintas demandas que afectan os centros educativos do concello, como pode ser a necesidade de ampliar a biblioteca e o auditorio, a mellora dos accesos ou de arranxos en distintas infraestruturas no C.P.I. Alcalde Xosé Pichel. Ou tamén do C.P.I. Canosa-Rus, que necesita actuacións no seu patio, no comedor ou un pintado xeral. Do C.E.I.P. Bormoio- Agualada tamén se falou neste encontro, ao que lle urxe a renovación das fiestras.

O líder do PP de Coristanco tamén se interesou polo programa «Familias Madrugadoras» xa que «se queremos ser un concello de oportunidades temos que falicitar a conciliación da vida laboral, e no noso proxecto é algo fundamental».

García Pose tamén conversou coa conselleira de Educación sobre outros programas e actividades extraescolares que se poderían desenvolver no concello de Coristanco.

O candidato popular agradeceu a receptividade e a boa vontade de Carmen Pomar. Esta xuntanza enmarcouse na rolda de contactos con distintos representantes do goberno galego:»Queremos que coñezan as necesidades de Coristanco, e tamén descubrir novas posibilidades. O futuro de Coristanco está en xogo e necesitamos de administracións que nos apoien» engadiu Juan García.

Fonte-Nota de prensa do Partido Popular de Coristanco

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos