8.5 C
Santa Comba
viernes, abril 19, 2024

Resulta ferido despois de envorcar un camión sobre o seu vehículo en Santa Comba

Fonte-Axega 112//

Unha persoa resultou ferida de consideración ao envorcar un camión –de transporte de madeira- enriba do turismo que conducía.O accidente ocorreu preto das 10:15 horas desta maña, na estrada que une as localidades de Santa Comba e Zas, á altura do punto quilométrico 3,000 da AC-404. Foi a esa hora, cando os servizos sanitarios de urxencia comunicaban ao 112 Galicia que o helicóptero medicalizado con base en Santiago se desprazaba ata o punto indicado.

A partir de aí, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, alertouse da situación aos Bombeiros de Santa Comba, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e Protección Civil da localidade.

Segundo indicou a Policía Local ao 112 Galicia, finalmente, a persoa puido saír polos seus medios do interior do vehículo, polo que, descartouse o uso do material de excarceración.A aeronave trasladou ao ferido ao centro hospitalario de referencia.

FOTOS- PROTECCIÓN CIVIL- CONCELLO DE SANTA COMBA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos