A concelleira socialista Estefanía Calvelo non se presentará as vindeiras eleccións municipais.
Reproducimos o texto íntegro de Estefanía Calvelo.
Con motivo do último pleno ordinario desta lexislatura, quero anunciar a miña non concurrencia ás próximas eleccións municipais.
Gustaríame dalas gracias en primeiro lugar a tódalas persoas que me apoiaron incondicionalmente nesta experiencia, que son poucas. Polo que aos amigos de verdade, gracias.
Gracias aos meus compañeiros e compañeiras do Partido Socialista, en especial a Ucha, por confiar plenamente en min. Espero que este ano a xente valore os esforzos desde equipo por cambialas cousas. Desculpas a todas aquelas persoas que confiaban en min para continuar estes próximos anos pero é unha decisión meditada.
Cando emprendín este camiño tiña ilusión por convertilos meus ideais en feitos, pero a realidade coa que te atopas é coma unha madeira carcomida. Sinto frustración e impotencia por non poder levar a cabo todo no que cría. Son unha persoa comprometida co que fago, polo que prefiro deixar paso a xente que teña a oportunidade de facelo.
Creo que a miña decisión a deberían ter en conta moitas e moitos. Quen non aporte nada á política ou incluso repercuta de forma negativa, debería ter conciencia (quen a teña) e asumir que é o momento de apartarse. Hai que saber marchar. A política non debería selo «pesebre» duns poucos.
Creo que a política debe estar á altura e non quero seguir formando parte de algo que me avergonza. Considero que ser membro dunha corporación é unha responsabilidade que debe levarse a cabo desde o máis absoluto respeto,coherencia e humildade. Considero e teño a
absoluta tranquilidade de que eu así o fixen, síntome orgullosa e non me arrepinto.
Antes que concelleira son persoa, muller, compañeira e veciña. Quizais ese fose o problema, que para min o respecto aos meus ideais é o primeiro. Non quero ver en Santa Compa unha representación barata da obra de Vicente Risco «O porco de pé», mais algúns e algunhas fan coma Don Celidonio «do seu trato coa política sacou donCelidonio moito probeito».