18.7 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Amancio Lavandeira:”Se non chegamos á maioría absoluta teremos gobernando a Antonio Pensado catro anos máis”

AUDIO coa entrevista a Lavandeira a partir do minuto 30.

O candidato de Terra Galega á alcaldía de Coristanco confía en obter unha maioría absoluta nos vindeiros comicios e alertou que de non ser así o alcalde será o candidato independente e exalcalde Antonio Pensado Plágaro xa que advirte que “todos os demais van a loitar e irán contra Terra Galega”. Por este motivo pide “unha maioría ampla para poder gobernar e non estar atados a acordos que nos pasen factura”.

“Temos capacidade suficiente para facer ben as cousas”

Para Amancio Lavandeira o seu goberno demostrou “capacidade suficiente para facer ben as cousas” xa que “en dous anos sacamos a flote o concello e deixamos proxectos aprobados que non foron capaces de levalos a cabo”.Sobre o goberno tripartito lamentou que “certas persoas non estiveron á altura” e arrepíntese de “confiar en persoas que nos deron a espalda” a pesar dos “acordos que había”.

“Este goberno é unha mala copia do que xa tiñamos”

Para o líder de Tega, o actual goberno de Abraham Gerpe “é unha mala copia do que xa tiñamos”, pero aspira que haxa unha reacción:”Teño toda a ilusión de que isto realmente cambie e situar a Coristanco onde se merece”. A súa prioridade sería “sacar todas as obras que están paradas” e “dar un servizos acorde aos impostos que pagan os veciños”.

Amancio Lavandeira negou que realice ataques persoais destrutivos tal e como denunciou Gerpe:”Poden verse as nosas declaracións. Eu non me meto no ámbito persoal pero a el non lle gusta que lle leven a contraria”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos