5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Máis de setenta expositores na Feira de Primavera de Santa Comba

Arranca este venres as 17h no recinto feiral xalleiro.

A alcaldesa de Santa Comba, María Pose, inaugurará este venres a décima edición da Feira da Primavera que se desenvolverá no recinto feiral xalleiro durante toda a fin de semana.

Segundo a presidenta da asociación de empresarios, Teresa Castro, o obxectivo deste tipo de eventos “é promover o comercio e que Santa Comba se mova un pouco máis”. 

Sobre esta edición precisou que haberá 72 expositores, cun aumento da presenza do sector artesanal, que complementará a oferta da automoción, o comercio ou a gastronomía.”A maioría da xente está contenta e hai bastantes ventas” comentou Castro.

Segundo o presidente da asociación Costavales, Manuel Amigo Ferreiro, na última edición achegáronse ao recinto unhas 15.000 persoas. Nunha entrevista en Radio Xallas aclarou que a asociación de empresarios e Costavales “son dúas asociación irmáns que traballan por Santa Comba”.

Amigo destacou ademáis a participación nas últimas edicións de empresas do sector da construcción e pensa que a Feira da Primavera “é unha feira de éxito e que xa ten un bo cartel”.

De feito hai empresas en lista de agarda, porque a Lei do Comercio esixe un equilibrio entre firmas localis e foráneas. A asociación Costavales contará cun expositor propio onde se farán altas da moeda social, cun agasallo de dez costavales a cada novo usuario que poderá gastar este saldo no mesmo recinto feiral.A feira estará aberta o venres de 17 a 21h, o sábado de 10,30 a 21h e o domingo de 10,30 a 20,30h.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos