9.6 C
Santa Comba
miércoles, noviembre 30, 2022

Abraham Gerpe:”Gustaríame volver a formar goberno pero con outra estabilidade”

O alcalde de Coristanco pensa que gobernará a lista máis votada nas vindeiras eleccións.AUDIO coa entrevista.

O actual alcalde de Coristanco e candidato de Contigo Somos Democracia, Abraham Gerpe, asegura que xa ten perfilada unha candidatura “potente e forte” para apoiar un “proxecto sensato” para o concello, liderando “un partido que nos abre as portas e que está crecendo cos pes na terra”.O concelleiro Luis Souto estará nese equipo. 

“A Amancio vaille chegando a hora de retirarse”

Gerpe centralizou en Amancio Lavandeira as súas críticas xa que lle molesta “o acoso e derribo no ámbito persoal” e enviou unha mensaxe ao candidato de Terra Galega:”Cando che marchan tres persoas do goberno, hai que facer unha autoreflexión e pensar se algo estarás facendo mal e intentar cambiar”.

Ademais afirmou que “Amancio leva 16 anos e vaille chegando a hora de retirarse”. Asegurou que “o goberno  de Amancio foi o que que mais aforrou da historia da democracia porque non lle pagou a ninguén”.

Tamén criticou un folleto de Tega “con mentiras” onde “son un boneco que aparece nun debuxo que mandan polas casas”. O rexedor pensa que “debe primar o respecto”.

“Pagamos as débedas de seis anos”

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas xustificou a moción de censura que se fixo “para aliviar ao concello” porque “o fundamental era pagarlle a quen se lle debía e pagamos seis anos de débedas”.

Referiuse ao Partido Socialista e a posibilidade de que non logren presentar unha lista:”O PSOE vai ter difícil facer unha lista porque se mantén coa mesma xente de sempre viciada”.

Abraham Gerpe está satisfeito co seu mandato porque “deixamos iniciados todos os procesos para mellorar a rede de abastecemento que xa foi tratada neste Plan de Obras”. Destacou o punto de encontro acadado cos traballadores para mellorar o funcionamento da maquinaria administrativa, o plan de bacheo e de fixación de bidóns de lixo en todo o municipio, ou a concesión dunhas cincuenta licencias urbanísticas.

“Gobernará a lista máis votada”

O candidato de Contigo Coristanco está convencido de que “gobernará a lista máis votada” despois do 26 de maio e non oculta que lle gustaría “formar goberno pero con outra estabilidade”. 

Entre os seus proxectos considera fundamental un Centro de Día, no que xa está traballando e ter “pistas e cunetas ben arranxadas e que os veciños teñen servizos”, co reforzo da atención social.

Promesas electorais do Partido Popular

Abraham Gerpe non deixou pasar por alto a visita de Alberto Núñez Feijóo e de varios conselleiros ao concello: “Aínda que agora está pasando toda a alta esfera do PP por Coristanco, lembremos que o PP gobernou durante 24 anos e nunca lle solucionou nada a Coristanco”.

Sobre o compromiso de Feijóo co Polígono industrial lembrou que “Feijóo xa veu falar cos empresarios de Coristanco fai 18 anos e quedou así”. Está convencido que estamos ante unha promesa electoral que “non se fará”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
505SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos