7.4 C
Santa Comba
jueves, diciembre 1, 2022

Sandra Vilela:»Estou na política local porque creo no concello de Muxía»

Sandra Vilela marca como prioridades a Gardería infantil, o arranxo da estrada de Touriñán, un punto de atención turística e unha auditoría externa do concello.

AUDIO- Entrevista a Sandra Vilela en Radio Xallas desde o minuto 31 de programa

A candidata do Partido Popular á alcaldía de Muxía, Sandra Vilela, desvelou as súas primeiras accións se chega a alcaldía, empezando pola solicitude dunha auditoría externa para coñecer a situación económica do concello, e por celebrar unha xuntanza con Puertos del Estado “para que arranxen xa a estrada de Touriñán, xa que hai un compromiso adquirido e alguén vai a ter que cumprir”.

Catro anos perdidos no concello de Muxía

Outra cuestión prioritaria é “sentarse coa Xunta para falar sobre a Gardería Infantil xa que hai unha débeda histórica con Muxía”. E tamén a creación dun punto de información turística permanente.

Considera que estes últimos catro anos de goberno do PSOE foron “perdidos” porque “non hai ningún dos grandes proxectos que todos esperábamos feitos” nin tampouco se cumpriron “as grandes promesas electorais”.

Mala xestión económica e unha dedicación exclusiva 

A candidata lembra que hai un plan urbanístico “anulado” que deixa ao concello “hipotecado”, e que non se aproba un orzamento desde o ano 2017, recorrendo “aos recoñecementos extraxudiciais de crédito con reparos de intervención”. Segundo a representante popular esta xestión provocou que “no ano 2018 nos inmobilizaran máis dun millón de euros recursos do concello”.

Sandra Vilela critica outra das decisións do goberno socialista, a de aprobar unha dedicación exclusiva para o alcaldable Iago Toba, a poucos meses das eleccións municipais: “O único motivo para aprobar esa dedicación exclusiva é que el poida ter recursos económicos para facer a función de candidato á alcaldía. O PSOE está facendo a súa campaña con cartos públicos”.

“Non quero ser unha alcaldesa de despacho, quero estar na rúa”.

Desde o Partido Popular de Muxía tamén se considera fundamental apoiar “con cartos” ao sector turístico e “non só facerse unha foto”. E puxo como exemplo a situación das palilleiras locais “que están apartadas”.

A artesanía e a gastronomía son dous aspectos fundamentais, e unha das iniciativas é organizar unha festa de exaltación do percebe.»Estou na política local porque creo no concello de Muxía» manifestou Sandra Vilela, deixando claro que “non quero ser unha alcaldesa de despacho, quero estar na rúa”.

Entende que hai dúas opcións en Muxía:”Un proxecto que leva doce anos e que se caracterizou pola falta de investimentos e de oportunidades, pola perda de poboación e pola mala xestión e hai outro proxecto  onde prima a ilusión, os compromiso, o traballo e a humildade”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
505SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos