20.7 C
Santa Comba
sábado, abril 20, 2024

Manuel Mayo:”Queremos que sexa unha festa das familias”

Este sábado no aparcamento de Carrefour, a Festa da Familia de Coristanco. No seguinte audio podes escoitar a entrevista de Manuel Mayo en Radio Xallas, a partir do minuto 37.

Este vindeiro sábado 15 o aparcamento do centro comercial Carrefour de Coristanco converterase nunha familia formada por centos de persoas que se unirán nunha completa festa.

Moita parte da culpa tena o párroco Manuel Mayo Romarís, que atende a cinco parroquias do concello, pero non para. “Queremos facer unha festa para as familias e para valorar o papel da muller que traballa e sacan as súas familias adiante” afirma.

Recoñece que a idea inicial era un evento máis modesto pero a cousa foi adquirindo dimensións máis grandes e xa hai un espazo preparado para un milleiro de persoas sentadas.”Que sexa o que Deus queira” asegura este cura novo que quere tamén que a actividades sirva para promover o concello de Coristanco.

Misa no Corpiño de Oca, xantar e música con Trovadores e Israel

Ás 13;00h haberá unha misa con procesión no santuario da Virxe do Corpiño de Oca.”Pediremos saúde e unión nas familias” explica Mayo que informa que os produtos gastronómicos que se poderán mercar na zona de celebración, (pulpo, mexillóns e churrasco) teñen prezos populares para que poida asistir todo o que queira.

Haberá xantar e ceas, xogos para os pequenos e unha sesión de fogos de artificio. E como indica Mayo “será unha boa ocasión para ver a dúas fantásticas orquestras”. Efectivamente, Los Trovadores e Israel conforman a oferta musical.O activo párroco agradece o apoio das 320 casas comerciais que apoian a “Festa da Familia”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos