16.5 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Sandra Vilela mediará con Portos de Galicia para conseguir a reparación da lonxa de Muxía

A candidata do Partido Popular traballará tamén para conseguir un novo transformador para a fábrica de xeo se é alcaldesa a partir do 26 de maio

A portavoz do Partido Popular de Muxía e candidata ás eleccións municipais que se celebrarán no mes de maio, Sandra Vilela, mantivo nos últimos días unha reunión de traballo cos representantes do Cabildo da Confraría de Muxía, na que se comprometeu a mediar con Portos de Galicia para conseguir que aprobe e que se poña en marcha un proxecto para reparar a lonxa do municipio se é elixida alcaldesa o 26 de maio.

No encontro, a candidata popular avanzou tamén a súa intención de conseguir un novo transformador para a fábrica de xeo, ademais de poñerse ao dispor do sector para traballar de maneira “conxunta” co obxectivo de desenvolver novos plans de explotación de recurso como o ourizo, a ameixa e o poliqueto.

Unha festa gastronómica para os «mellores percebes do mundo»

“Somos conscientes de que as competencias sobre pesca non son responsabilidade directa dos concellos, pero os mandatarios locais temos que defender contra vento e marea todos os nosos sectores e servirlles de voz ante as administracións superiores”, afirmou Vilela, quen subliñou que ao alcalde “non se lle paga para que estea unhas horas no despacho, págaselle para que resolva os problemas dos veciños, aínda cando non son a súa competencia”.

A reunión serviu tamén para que a candidata recollese outras demandas realizadas por parte da Asociación de Mariscadores e para poñer sobre a mesa a “importante necesidade” que existe de promover desde o Concello de Muxía unha festa gastronómica que “poña en valor” o que cualificou como “os mellores percebes do mundo”.

Nota de prensa do PP de Muxía

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos