16.3 C
Santa Comba
jueves, octubre 31, 2024

Excelente resposta a unha nova edición da Festa do Bolo do Pote

Cristóbal Mourín// 

Moito ambiente na vixésimo primeira edición da XXI Festa do Bolo do Pote que se celebrou na Picota este domingo. Segundo fontes do concello de Mazaricos, esta convocatoria » volveu acadar máximas cotas de afluencia» e  máis de dúas mil persoas probaron este produto na carpa instalada no campo da feira. Todo a pesar de que a climatoloxía non axudou.

“Non podería concretar, pero a cola era inmensa, houbo xente que tivo que agardar ata media hora para ter a súa ración”, declarou Laura Prado, a presidenta das Amas de Casa. Pola súa banda, o presidente da Asociación de Hostaleiros, Jorge Jurjo, tamén sinalou o “éxito” da convocatoria para os locais hostaleiros da vila que non pararon a súa actividade ata ben entrada a tarde. O evento gastronómico contou coa animación musical do grupo de gaitas de Mazaricos e dunha charanga.

A capital municipal  tamén acolleu a segunda MiniQuedada, a concentración de coches minis na que se entregaron 3 distincións aos minis máis bonitos e unha ao mini máis votado popularmente no facebook do Concello.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos