9.5 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Críticas a Ovidio Rodeiro por “vender” políticamente as axudas xestionadas polo GDR Costa da Morte

A visita que realizou o delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, a Cee e onde falou das axudas de máis de 681.000 euros para trece proxectos do Plan Leader en Bergantiños e Costa da Morte, provocou as críticas do presidente do GDR Costa da Morte e alcalde de Zas, Manuel Muíño, que criticou a “política do propaganda do PP” exemplificada na actitude de Rodeiro de “vender aquí as axudas do GDR, coma se tivese algo que ver a Xunta que ou único que fai é pagar”.

Muíño precisou que“ eu son presidente e nunca vendín politicamente esas axudas”, explicando que “os proxectos que cumpren os requisitos subvencionánse”. O presidente do G.D. R. Costa da Morte pediu ”un pouco de respecto” á Xunta porque “é a primeira vez nestes dez anos que ocorre algo similar, xa que a ninguén se lle ocorre utilizar politicamente este tipo de axudas”.

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, Manuel Muíño engadiu:”Non di que nos xuntaron ós dous GDR e non duplicaron os fondos que tiñamos. Somos o segundo grupo en territorio pero non temos o dobre de fondos” .

Audio coa entrevista a Manuel Muíño a partir do minuto 42 de programa

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos