6.7 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Urxencias Sanitarias condena o incendio dunha ambulancia no concello de Santa Comba

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 emitiu un comunicado no que amosa “a súa máis firme condena e repulsa polo incendio da ambulancia de soporte vital básico con base no concello de Santa Comba”.

Destacan que “afortunadamente non houbo que lamentar outros danos materiais ou persoais” e lembran que este incendio “prodúcese nunha data á marxe das xornadas de folga acordadas polas organizacións sindicais UGT. CC OO e CIG e cuxa próxima e terceira convocatoria terá lugar entre as 00:00 horas do día 4 e as 23:59 do día 10 de marzo”.

Enmarcan estas convocatorias de folga “ no contexto da falta de acordo na negociación do convenio colectivo entre a patronal e os técnicos en emerxencias sanitarias que realizan o servizo de transporte sanitario urxente e non urxente en Galicia”.

Sabotaxes e actos vandálicos

Desde Urxencias Sanitarias fan un chamamento ao comportamento responsable e consecuente e en esixir respecto aos bens e ás persoas, despois das “sabotaxes e actos vandálicos” que se veñen sucedendo en Galicia.

E engaden que manteñen “o seu compromiso e responsabilidade coa poboación e está a traballar para garantir a asistencia sanitaria urxente en toda a Comunidade Autónoma, de xeito que a convocatoria de xornadas de folga non prexudique a calidade da mesma e os cidadáns non se vexan privados do seu dereito a recibir a asistencia sanitaria máis adecuada ás súas necesidades as 24 horas e os 365 días do ano”.

Fotos- Protección Civil de Santa Comba

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos