11.7 C
Santa Comba
viernes, febrero 3, 2023

O conselleiro do Medio Rural estará “Na Encrucillada”

Entrevista a José González

O conselleiro do Medio Rural, José Gonzaléz, intervirá o vindeiro martes 5 de decembro no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas (107.5FM) segundo anunciaron este mediodía desde a emisora.

Nas vésperas da XIX Poxa de xovencas de raza frisona que se celebrará en Santa Comba o sábado 9 de marzo, González responderá as preguntas que lle faga o locutor Xosé Manuel Lema,  que estará acompañado polo xornalista de La Voz de Galicia e especialista en temas agrarios Xoán Ramón Alvite e polo colaborador do programa Manolo Rodríguez Caamaño.A entrevista está prevista para as 12 do mediodía, no comezo da segunda hora deste programa.

Este martes, na sintonía de “Na Encrucillada”, programa que se  pode escoitar pinchando no banner que hai na portada deste xornal, o técnico de Africor, Xusto Mourín, falou desta Poxa que presentará aproximadamente uns 17 animais de calidade, nun evento que contará con vacas de concellos da zona como Santa Comba, Mazaricos ou A Baña.Despois da poxa haberá unha degustación de asado de tenreiro frisón con filloas. Será o colofón a II Semana do Leite que organiza o concello de Santa Comba.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,801SeguidoresSeguir
968SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos