Melloras en camiños, abastecemento de auga e melloras de espazos públicos
O concello de Mazaricos formalizou o contrato de distintas obras financiadas con cargos aos plan provinciais e que supoñen un investimento de algo máis de 430.000 euros.Con cargo ao Plan de Obras 2018 executarase un proxecto de mellora en nove camiños das parroquias de Alborés, Arcos, Chacín, Coiro, As Maroñas e Mazaricos cun investimento de 168.000 euros.
Falamos das pistas do Xestal e de Vaidelameiros, dos camiños de Atán a Fonte Codeso, Estivadiña a Serráns, de Fonte Paio(Gosolfre), Cabanude e As Espigas. Ademais da estrada de Fírvado e de Abeleiroas, na Gueima.
Tamén se asinou o contrato da ampliación e mellora da rede de abastecemento en Cumbráns, Xunqueira, Godón e Xesto por importe de 126.831 euros.
Ligazón Entrevista ao alcalde en Radio Xallas
Con cargo ao POS adicional 2017 adxudicouse un proxecto de mellora de vías en Colúns, Corzón e Eirón, por importe de 73.884 euros, A construción de parques na Gueima e Ponteolveira, por 29.752 euros e unha seria de melloras en espazos públicos.
Con este último proxecto, que conta cun investimento de 37.185 euros, acondicionarase unha pérgola a carón do parque infantil da Picota e do campo da feira coa instalación de panos de vidro. Instalarase outra pérgola para protexer da choiva o acceso de ambulancias ao Centro de Saúde da Picota, e tamén se prolongará a marquesiña nos accesos da Galiña Azul da Picota.Por último procederase a substitución de carpintarías nos cortaventos nos accesos ao CEIP Víctor Sáenz de San Cosme.