12.4 C
Santa Comba
lunes, diciembre 5, 2022

“Non precisamos ter siglas políticas para falar de escolas, de beirarrúas ou do transporte público”

Terra de Xallas convoca xuntanzas en Fontecada, Freixeiro e Ser. Audio coa entrevista

Terra de Xallas agarda poder conquerir o obxectivo de presentar unha candidatura para as vindeiras eleccións no concello de Santa Comba. Pero todo dependerá  da participación veciñal nas vindeiras xuntanzas parroquiais. O vindeiro domingo 24 de febreiro haberá tres. En San Martiño de Fontecada(11h), Freixeiro(16h) e en Ser(18h).Despois da presentación do programa chega o momento da elección dos candidatos.

En declaracións ao programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas(107.5 FM), Francisco Iglesias Agra, asegura que Santa Comba vive nunha “inercia triste” que continuará “se non somos capaces de cambiar as cousas” con despoboamento, menos traballo e falta de servizos.

“Non me interesan os chismes da política de Santa Comba”

Iglesias espera que haxa “vontade” veciñal para artellar esa lista electoral e  agarda poder cumprir co programa “se hai apoio”. Non está de acordo coa política actual no municipio:”Non me interesan os chismes da politica de Santa Comba.Fun a un pleno e non me quedou ganas de volver.Moléstame o comportamento e a politica que hai en Santa Comba”.

Defende a necesidade dunha proposta independente e veciñal e ten claro que “non precisamos ter siglas políticas para falar de escolas, de beirarrúas ou do transporte público”.Na mesma emisora tamén interviu Manuel Mourelle Lema que avogou por “mellorar as comunicacións” e lamentou que “a política segue igual porque compran os votos con invitacións polas tabernas”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
509SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos