9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Os participantes no programa “Sustain our Souls” están no concello de Santa Comba

Estudantes xalleiros participan xunto con mozos doutras cinco nacións.

A entrevista con Modesto Refojo desde o comezo do audio

O IES Terras do Xallas acolle durante esta semana aos participantes da iniciativa “Sustain our Souls” do programa comunitario Erasmus, procedentes de centros educativos de Felsberg (Alemaña), Tríkala(Grecia), Taranto(Italia), Cracovia(Polonia) e Slozobia(Rumanía).

A recepción tivo lugar este luns nun acto que contou coa presenza da alcaldesa de Santa Comba, María Pose. Os participantes percorreron na primera xornada as beiras do río Xallas.O martes será unha xornada de traballo na aula coa presentación dos vídeos realizados polas distintas delegacións, o mércores visitarán a Fervenza do Ézaro(Dumbría) e o Cabo Fisterra. O xoves irán a Santiago de Compostela, e o venres será a última xornada co acto de despedida na Casa do Pozo de Santa Comba.

Entrevista en Radio Xallas

Segundo explicou o director do IES Terra do Xallas no programa “Os Luns con Lema” de Radio Xallas, este programa ten a súa base “no déficit de falta de contacto coa natureza que tiñan os nosos pais e avós e que as novas xeracions o están perdendo”.

Modesto Refojo explicou que neste plan de “conservar as raíces” os alumnos realizaron entrevistas aos maiores “para ver como pasaban o tempo libre, xa que había un maior contacto coa natureza”.Agradeceu a axuda prestada polo concello de Santa Comba

Refojo concedeulle moita importancia a esta iniciativa que “é un escaparate tremendo para Santa Comba”. De cada país hai uns seis estudantes que se alonxan en casas xalleiras, pero despois haberá máis xornadas nos demais países. A primera cita xa foi en terras gregas.
O director do instituto puxo en valor o intenso traballo que hai que realizar para xestionar un programa destas características.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos