16.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Mónica Rodríguez:»Queremos que Vimianzo volva a ser o que era»

Audio entrevista Mónica Rodríguez

A candidata socialista á alcaldía de Vimianzo, Mónica Rodríguez, manifestou que «estaba claro que había unha fractura» no goberno local, certificada pola dimisión de dous concelleiros.»Vimianzo estivo un mes e pico sen xunta de goberno e a mensaxes das dúas persoas están claras» engadiu Rodríguez que entende que quedou demostrado o personalismo de Manuel Antelo:»Se un teniente alcalde non se entera das cousas dunha parte do goberno…» afirmou.

Nunha entrevista no programa «Na Encrucillada» de Radio Xallas declarou que «o concello de Vimianzo empeorou, este goberno non traballou» ademais asegurou que «é imposible que un concello funcione sen unha praza de secretaría, sen intervención e cun departamento de urbanismo paralizado por caprichos».

 «O señor Antelo defraudou aos veciños»

Para a candidata socialista «Vimianzo perdeu moitas oportunidades» e as súas parroquias  sofren «unha falta de mantemento e de coidado do noso patrimonio absoluto», o que supuxo que «O señor Antelo defraudou aos veciños». Tamén se queixa da falta de transparencia xa que «para ter acceso ós expedientes temos que pedir cita».

Mónica Rodríguez está convencida da posibilidade do cambio político e de que volve a ser o momento da «gran familia» do PSOE para que «Vimianzo volva a ser o que era, xa que durante 24 anos fixéronse moitas cousas». Deixou claro que «non imos prometer fume nin obras faraónicas» pero sí desenvolver un traballo en equipo para acadar o progreso do concello.
 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos