8.7 C
Santa Comba
martes, marzo 28, 2023

Adiante Vimianzo presenta unha candidatura co obxectivo de manter o goberno municipal

Foto- Adiante Vimianzo(Facebook)-  Esta mesma fin de semana na que os concelleiros Fernando Mancebo e María Xosé Ramos anunciaban a súa dimisión con críticas ao alcalde, o grupo de Adiante Vimianzo daba a coñecer a súa candidatura que volverá a estar encabezada polo alcalde Manuel Antelo Pazos. No segundo posto está Marta Rey que nos anteriores comicios figuraba na quinta posición. Na listaxe tampouco figura a actual concelleira Élida Pequeño.
 

A candidatura de Adiante Vimianzo

 
1- Manuel Antelo Pazos (Vimianzo)
 
2- Marta Rey Lema (A Piroga-Bamiro)
 
3- Uxío Vidal Quintáns (Baíñas)
 
4- María Jesús Barbeira Pose (Salto)
 
5- Francisco Trillo Pazos(Carnés)
 
6- José Antonio Vidal Mira(Pasarela)
 
7- Adela Rodríguez Costa (Berdoias)
 
8- Jaime Blanco Roget(Cambeda)
 
9- Estephanie Castro Oanes (Carantoña)
 
10- Manuel Lorenzo Hermida(Serramo)
 
11- Vanesa Pazos Touriñán(Carnés)
 
12- Francisco Javier García Pouso(Baíñas)
 
13- Ana María Pastoriza Antelo (Bamiro)
 
O obxectivo de Adiante Vimianzo é “manter o goberno de Vimianzo” e para iso aseguran que son conscientes da “necesidade de acadar a maioría absoluta de votos” o vindeiro 26 de maio.
 
“Nestes momentos somos un referente comarcal en moitas cousas, e non podemos retroceder, senón seguir avanzando” afirmou Manuel Antelo asegurando que “Somos un grupo, somos un proxecto, e as persoas estamos ao servizo deles, non ao revés”

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos