Úrsula Abelenda preside o novo colectivo coristanqués.
A sede do Partido Popular de Coristanco acolleu o acto de presentación da xunta local de Novas Xeracións, presidida por Úrsula Abelenda, que estivo apoiada polo presidente autonómico das xuventudes populares, Adrián Pardo, polo provincial, Xosé Miguel Mahía, o deputado Aurelio Núñez Centeno e polo candidato á alcaldía Juan Carlos García Pose.Tamén asistiu a concelleira Clarisa Couto e os alcaldes da Laracha, Cabana e Malpica.
Un proxecto ilusionante para Coristanco
Úrsula Abelenda asegurou que a nova entidade quería participar “no proceso de renovación profunda de persoas e ideas” que se está levando a cabo en Coristanco, liderado por Juan Carlos García.O candidato considera “fundamental a interacción coa xente nova”.“Temos un proxecto ilusionante.Coristanco ten futuro entre todos” manifestou García Pose.
Xosé Miguel Mahía amosouse “moi contento de contar con xente así na provincia, con gañas de cambiar as cousas”e “axudar a Juan a ser un magnífico alcalde”. O presidente autonómico, Adrián Pardo saudou a nova xunta local coristanquesa e tamén criticou a “esquerda sectaria” que ten como modelo “a Venezuela de Maduro, a Grecia de Tsipras ou a Cuba de Fidel Castro”.
Adrián Pardo tamén se referiu á política local marcada no 2015 “por un pacto de perdedores” pero con boas perspectivas:“Temos que seguir dando a cara tamén en Coristanco para facer a Juan Carlos García alcalde”.