Nota:José Méndez Méndez está siendo velado en el Tanatorio de San Pedro de Ponte do Porto. Sala 1.El funeral de cuerpo presente se celebrará este viernes a las 16h en la iglesia parroquial de Ponte do Porto.
Estamos tristes. Foise un dos nosos. Amigo fiel, colaborador desinteresado. Desas persoas que fan a vida máis doada. Que escoitan e aconsellan. Apaixoado do fútbol e do seu pobo. Un cabaleiro. Un home humild e positivo.
Pero hoxe quero falar en primeira persoa, porque estou en débeda eterna con José Méndez Méndez. Desde os primeiros pasos no mundo do xornalismo, foi un auténtico amigo, un activo colaborador, que brindaba polos éxitos, pero que tamén me acompañaba nos duros días de temporal. Compañeiro de viaxe.Cando a planta do corazón necesitaba auga, alí estaba Méndez. Xa non poderemos facer ese proxecto que tiñamos previsto en Radio Xallas. Cousas que pasan e que non podemos evitar. Ogallá fora capaz de cambiar o rumbo do destino.Pero en cada emisión, en cada crónica que escriba, estarás ti.
E vivirás sempre para min. Tentarei honrar o teu nome co noso traballo, seguindo o teu exemplo.
Sei que desde o ceo me vixiarás para que todo vaia ben. Alí estarás cos bos e xenerosos. Por favor, non deixes de darme os teus consellos. Boa singladura meu amigo.
Xosé Manuel Lema