14.9 C
Santa Comba
lunes, marzo 27, 2023

Éxito de Radio Xallas no seu retorno

O luns amplíase unha hora da programación propia cun novo programa ás 19h e un boletín informativo.

Unha semana curta pero intensa para Radio Xallas. O programa matinal “Na Encrucillada” que presenta o director de Adiante Galicia, Xosé Manuel Lema, arrancou con forza e moita difusión. Tamén houbo ambiente nas instalacións da Casa da Cultura onde se empraza a emisora. Pola emisora pasou a Conselleira de Política Social, Fabiola García, a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, o alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro, o presidente da asociación Costavales, Manuel Amigo Ferreiro, o cantautor Manolo Couto, e Manuel Calvo Rey, xerente de Spartana control service, e que coordina a sección “do corral á horta”, que se emite os venres ás 12, e que comezou con moita repercusión a súa andaina.

Ademáis tamén interviron no programa a voceira da plataforma Zas Sen Recortes pediátricos, Vanessa Camafreita e o colaborador de Adiante Galicia, José Manuel Palacín, que falou sobre a situación de Venezuela.

“Luns con Lema” e máis información

Este vindeiro luns 11 de febreiro haberá dúas novidades na programación de Radio Xallas. Ás 19h estrearase o programa “Luns con Lema”, que se emitirá o primeiro día de cada semana. Un espazo centrado na música, a cultura, e o entretemento. E as 20h emitirase un boletín informativo para ofrecer as últimas noticias.Tamén está semana daranse a coñecer novos colaboradores, por exemplo, na sección do Medio Rural de “Na Encrucillada”.

Radio Xallas pode escoitarse no 107.5 da FM ou a través das webs www.santacomba.es e www.adiantegalicia.es. Tamén mediante aplicacións como radiogarden ou na plataforma Ivoox e no Facebook @aencrucillada, onde se partillan os distintos espazos.

Para contactar coa emisora hai unha liña directa telefónica e de Whatsapp 693.287.749 e tamén un correo electrónico radioxallas@yahoo.es

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos