6.4 C
Santa Comba
martes, noviembre 29, 2022

O PSOE rexeita uns orzamentos que hipotecan ao concello de Santa Comba

Inciden na existencia dun informe de intervención desfavorable.

O Partido Socialista de Santa Comba emitiu un comunicado no que asegura que votou en contra dos orzamentos porque existe un informe de intervención desfavorable que indica que as previsións económicas non corresponden a verdadeira capacidade do concello.

Ingresos dubidosos

Informan que se contemplan uns ingresos de 298.000 euros por taxas de abastecemento “cando nin sequera se ten iniciado o proceso o expediente para elo” ou 550.000 euros do ICIO por un parque éolico “do que hai presentados recursos á Xunta e ó Ministerio de Industria”.

Os socialistas tamén inciden en que o citado informe censura o pagamento de subministros e servizos sen os obrigatorios contratos. Tamén critican que haxa subas salarias “de ata 4.900 euros para un funcionario de carreira”.

Crítica ao gasto

Os socialistas, acusan a alcaldesa de tirar a casa pola ventana ao estar en campaña electoral, actuando “de forma inconsciente e temeraria”. Auguran que a capacidade de xestión do concello de Santa Comba será mínima. 

Aseguran que a xestión do goberno local “foi nefasta porque hai unha débeda de 1,7 millóns de euros, perdéronse subvencións concedidas para o polígono industrial, para a caldeira de calefacción do Multiusos e do centro de saúde que superan os 100.000 euros”.

Ante a ausencia do voceiro José Antonio Ucha, interviron Miguel Caamaño Espasandín e Estefanía Calvelo Muñíz.Desde o PSOE tamén recriminaron que desde 2016 o gasto de persoal incrementouse nun 26,12% e os impostos directos subieron máis dun 32%.

Foto-Pleno de este mércores

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
505SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos