10.9 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

“A moeda social é inmensamente superior a calquera outro tipo de promoción”

Campaña de promoción con agasallo de dez costavales con cada alta na aplicación.

O presidente da entidade Costavales e secretario da asociación de empresarios de Santa Comba, Manuel Amigo, explicou hoxe a campaña de promoción do comercio local que premiará con dez costavales as cincocentas primeiras persoas que descarguen a APP

Que son os Costavales?:”É unha moeda social que implementamos en Santa Comba coa idea de reforzar o comercio local e tentar paliar a crise e competir coas grandes áreas e coas tendas de internet” informou Amigo nunha entrevista no programa Na Encrucillada de Radio Xallas(107.5FM).

A subvención concedida polo AGADER a través do G.D.R. Terras de Compostela supuxo “un espaldarazo e unha seguridade” a esta iniciativa que agora “xa está encamiñada”.

Programa coa enrtrevista

Costavales 

Manuel Amigo ten claro que “a moeda social é inmensamente superior a calquera outro tipo de promoción” e animou aos veciños a darse de alta gratuitamente mediante a web www.costavales.com e tamén aos comercios, que na actualidade xa son máis de vinte.

As potencialidades das moedas sociais son a alta rotación e o feito de “estar limitada a unha área xeográfica que potencia o comercio local”. Tampouco presenta complicacións no uso:”O pago é o que está de moda nas aplicacións telefónicas, funciona igual co Whatasapp” explicou Amigo.

A campaña de promoción da APP remata o vindeiro 30 de abril ou cando se chegue aos cincocentos novos usuarios. A pretensión é ampliar a outros concellos da área de Santiago.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos