Campaña de promoción con agasallo de dez costavales con cada alta na aplicación.
O presidente da entidade Costavales e secretario da asociación de empresarios de Santa Comba, Manuel Amigo, explicou hoxe a campaña de promoción do comercio local que premiará con dez costavales as cincocentas primeiras persoas que descarguen a APP
Que son os Costavales?:”É unha moeda social que implementamos en Santa Comba coa idea de reforzar o comercio local e tentar paliar a crise e competir coas grandes áreas e coas tendas de internet” informou Amigo nunha entrevista no programa Na Encrucillada de Radio Xallas(107.5FM).
A subvención concedida polo AGADER a través do G.D.R. Terras de Compostela supuxo “un espaldarazo e unha seguridade” a esta iniciativa que agora “xa está encamiñada”.
Programa coa enrtrevista
Costavales
Manuel Amigo ten claro que “a moeda social é inmensamente superior a calquera outro tipo de promoción” e animou aos veciños a darse de alta gratuitamente mediante a web www.costavales.com e tamén aos comercios, que na actualidade xa son máis de vinte.
As potencialidades das moedas sociais son a alta rotación e o feito de “estar limitada a unha área xeográfica que potencia o comercio local”. Tampouco presenta complicacións no uso:”O pago é o que está de moda nas aplicacións telefónicas, funciona igual co Whatasapp” explicou Amigo.
A campaña de promoción da APP remata o vindeiro 30 de abril ou cando se chegue aos cincocentos novos usuarios. A pretensión é ampliar a outros concellos da área de Santiago.