9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Juan Blanco:”Son o alcalde de todos os veciños, eu non goberno para siglas políticas”

O alcalde de Mazaricos anunciou que antes das vindeiras eleccións vai a presentar “un gran proxecto turístico para a Costa da Morte, onde entra Mazaricos, e que vai dar un impulso completamente diferente ao paso polo noso concello e supor un cambio estrutural no funcionamento do turismo local”.

A entrevista Na Encrucillada

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas(107.5FM), Juan Blanco destacou o “gran cambio” que experimentou o concello nesta lexislatura, tanto a nivel de participación, como de servizos, infraestruturas e de promoción do concello.

“Promovemos un proxecto de visión global. Tiñamos un programa con dez puntos e cumprimos” manifestou Blanco, que puxo en valor que agora hai “outro xeito de gobernar” aínda que non ocultou que houbo eivas como a referente ao Plan Xeral, xa que o anterior goberno do PP “deixou un polígono industrial  onde había catorce mámoas, retrasando expedientes por non dicir que non se podía facer”.

Juan Blanco afirmou ser “o alcalde dos veciños, eu non goberno para siglas políticas. Os catro mil veciños teñen cabida nas miñas listas e na xestión”. Tamén declarou que “en Mazaricos non e necesario que ninguén che abandeire para facer unha crítica, xa que calquera veciño pode facelo no pleno”.En alusión a falta de candidato do Partido Popular opina que “cando queremos defender partidos e non municipios veñen as dificultades para encontrar candidato”.

Na súa entrevista “Na Encrucillada”, recoñeceu que os inicios na alcaldía foron complexos pero agora está contento porque “Mazaricos aparece no mapa”.Tamén falou de investimentos no que cualificou como “a lexislatura da auga”, de turismo, da atencións os maiores e do apoio da Deputación a distintos proxectos. Sobre a Xunta lamentou que “non houbo investimentos directos” pero engadiu que tampouco houbo “un trato negativo”.

Anunciou que presentará unha reclamación con respecto ao Fondo de Compensación Ambiental e amosouse moi crítico cos proxectos eólicos que deberían ter un maior impacto económico no rural e respecto ao medio:”É inadmisible que se plantexen parques sobre o papel sen mirar se no lugar hai unha fonte ou un depósito”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos