8.7 C
Santa Comba
martes, marzo 28, 2023

María Pose:»Son unha veciña de Santa Comba, comprometida co meu concello e chea de ilusión e proxectos»

 

A alcaldesa de Santa Comba, María Pose, estivo Na Encrucillada.»O que queira traballar por Santa Comba ten un sitio no PP”.

A alcaldesa de Santa Comba, María Pose, foi a primeira convidada no espazo radiofónico «Na Encrucillada» de Radio Xallas, que iniciou a súa nova andaina no 107.5FM este martes. Asegurou que a radio «é unha valiosa ferramenta» para cumprir unha importante función social» e proxectar Santa Comba a nivel comarcal.“Santa Comba, é a capital comarcal da comunicación» manifestou.

A nivel político afirmou que lidera un partido que é «un equipo unido e sólido pero tamén aberto e coa vocación de sumar. O que queira traballar por Santa Comba ten un sitio no PP” dixo María Pose que se definiu como «unha veciña de Santa Comba, comprometida co meu concello e chea de ilusión e proxectos» que non vai «a escamitar nin traballos nin adicación polos meus veciños».

Escoita o programa

O momento do salto de Santa Comba

Fixo un repaso a distintas actuacións do seu goberno en materia de servizos sociais, deporte, formación ou en infraestruturas, sen esquecer «a importante baixada» do IBI: “Estou contenta co traballo feito pero son inconformista e penso que despois de solucionar problemas básicos é o momento de que Santa Comba dea un salto. Imos a traballar ata o ultimo día preparándonos para o futuro. Temos inversións aprobadas para adxudicar valoradas nun millón e medio de euros.Imos a presentar próximamente un proxecto moi ambicioso que espero lles guste aos nosos veciños».

Tamén se referiu ao pleno dos orzamentos que se celebra este mércores. Entende que é «fundamental a aprobación dusn orzamentos a principio de exercicio e este ano o conseguimos». Para Pose as contas son «ambiciosas e ao mesmo tempo realistas» e fixéronse «pensando no futuro de Santa Comba e no benestar dos nosos veciños».

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos