5.2 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Antonio Domínguez:“En Cee non existiu o goberno.O PP é a alternativa”

Antonio Domínguez, candidato á alcaldía de Cee.

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Cee, Antonio Domínguez García, está convencido que “podemos devolver o esplendor que Cee tivo no seu día” e agarda un apoio masivo ao PP, xa que “moitísima xente que se sumou a este proxecto ilusionante para o pobo de Cee e ao que cada día se suma máis xente”.

En declaracións a Adiante Galicia, asegurou que despois dunha grave enfermidade que padeceu “a xente mostroume un cariño que non me esperaba” e ante “o grave deterioro que está sufrindo o pobo de Cee, non facer nada pola miña parte sería irresponsable”.

Domínguez amósase moi crítico coa labor de Ramón Vigo:“En Cee non existiu o goberno, houbo unha parálise total”. Puxo como exemplo a piscina xa que “se polo goberno fora seguiría pechada”. Tamén citou o “desastre” das Festas da Xunqueira ou a situación da rúa de Arriba que “está desfeita”.

“Cee vense abaixo como capital comercial da Costa da Morte” 

O candidato popular entende que fai falta un revulsivo porque “Cee vense abaixo como capital comercial da Costa da Morte” e a pesar do auxe que viven localidades coma Fisterra ou Muxía polo camiño xacobeo “os peregrinos pasan por Cee e non paran iso que temos o Museo Fernando Blanco con pezas únicas no mundo ou a igrexa de Cee”.

Antonio Domínguez recuperou o seu programa electoral de 2007 que “non puiden levar a cabo”, que completará con novas propostas.Lembra que ten importantes proxectos, entre eles para o mercado municipal.Comprométese a cumprir con 100% do seu programa “porque xa o fixemos”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos