11.6 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

O BNG presenta a súa coalición con EH Bildu e Esquerra Republicana para frear a involución democrática

Ana Pontón: “Agora Repúblicas é a Galeusca do século XXI”

Agora Repúblicas é a alianza electoral do BNG, EH Bildu e Esquerra Republicana para as eleccións europeas 2019. Foi presentada na capital de Galicia nun acto no que participaron Ana Pontón e Ana Miranda(BNG), Josu Juaristi(EH Bildu) e Diana Riba(ERC).

 “Agora Repúblicas é a Galeusca do século XXI” declarou Ana Pontón que afirmou que a coalición “é ao tempo unha man tendida desde as nosas nacións ao conxunto de cidadáns e cidadás demócratas e progresistas do Estado español cos que compartimos valores, principios e soños”.


Tamén afirmou que Agora Repúblicas é un antídoto contra a involución democrática:“A pantasma da involución non só recorre unha Europa que queremos transformar. No Estado está impulsada por unha ofensiva españolista que alimenta un discurso de odio contra o diferente, que fala de ilegalizar ideas democráticas, que defende o supremacismo do castelán, que ataca a liberdade de expresión, a loita contra a violencia de xénero, os dereitos políticos, as liberdades públicas”.

Na súa intervención Ana Pontón tamén dixo:“Fronte ao roubo da democracia, fronte á ofensiva e a radicalización do españolismo e das dereitas, fronte á negación das identidades e dos dereitos políticos dos pobos e das nacións do Estado, dicimos Agora Repúblicas para unha sociedade xusta, solidaria, feminista, diversa e plural, que faga bandeira da convivencia, do respecto e dos dereitos e liberdades”,

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos