14 C
Santa Comba
lunes, mayo 29, 2023

“Hai partidos que en vez de buscar o voto dos veciños queren que abandonemos todos por aburrimento”

Abraham Gerpe valora o anuncio de Verónica Facal que adiantou Adiante Galicia.

O alcalde de Coristanco, Abraham Gerpe, asegura “entender perfectamente” a decisión adoptada pola concelleira non adscrita Verónica Facal tendo en conta a situación que existe na política local xa que “hai partidos que en vez de buscar o voto dos veciños queren que abandonemos todos por aburrimento e chegar ao poder ao presentarse eles sós”.

O rexedor “respecta e comparte” a marcha de Facal, e se ten decidido presentarse “e por darlle continuidade a un traballo que levamos feito”.

Oposición destrutiva que afecta ao ámbito persoal

Gerpe refírese a outras renuncias como a de Emilio Fondo, nunha situación que cualifica de “terrible” e que se deben a un “sentimento xeneralizado” que hai na sociedade coristanquesa.“Ninguén quere seguir porque hai partidos que se encargan de realizar unha oposición destrutiva que chega ata o insulto e ao ámbito persoal”.

O alcalde conclúe:“Con esta situación non me estrañaría que houbera máis xente que optase por non presentarse porque a vida política de Coristanco converteuse nun inferno”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,845SeguidoresSeguir
1,120SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos