10.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

Verónica Facal non continuará na actividade política

Rexeita as ofertas para presentarse as eleccións.

A concelleira coristanquesa, Verónica Facal Rodríguez, decidiu non continuar na política activa e descarta participar nas eleccións municipais do próximo 26 de maio, a pesar de ter varias ofertas para ir en postos destacados nalgunhas candidaturas.

Facal non é allea a complexa situación que se vive en Coristanco:”Non me gusta o punto ao que chegou a política en Coristanco. Vexo máis ben un enfrontamento entre uns e outros que un interese por axudar aos veciños”.

Verónica Facal:”Penso que traballei polos veciños”

Sobre as ofertas existentes a actual concelleira non adscrita indica que “ningún se adapta a miña forma de ver a política”. Verónica Facal valorou estes anos, tanto no goberno como na oposición:”Eu penso que traballei polos veciños, aínda que atopei moitas dificultades para facelo. E seguiríao facendo se me desen os medios pero vexo que non é así”.

Confesa que “as cousas non foron como eu esperaba e como eu vexo a política e entón déixoo”. Non oculta a súa decepción e lamenta que as veces “ata se chega a temas persoais”

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos