10.3 C
Santa Comba
sábado, abril 6, 2024

Mónica Rodríguez:”Hai indicios dunha probable fenda no Goberno local e Antelo debe despexar a incógnita”

Non se celebraron as dúas últimas xuntas de goberno local.

A candidata socialista a alcaldía de Vimianzo, Mónica Rodríguez Ordóñez, quere saber porque non se celebraron as dúas últimas xuntas de goberno do concello.

Asegura que foi despachada cun “non houbo quorum” cando se interesou pola anómala situación.“Hai indicios dunha probable fenda no Goberno local e Antelo debe despexar a incógnita e desmentir ou afirmar si existen desacordos no seo do seu equipo e o alcance dos mesmos”, dixo. 

A concelleira considera que “o Pleno do vindeiro venres, día 25, pode ser a mellor escenario para que o alcalde satisfaga a curiosidade da oposición respecto das Xuntas de Goberno e se desvanezan eses indicios de fenda no equipo de Goberno que en nada axudarían a rematar un mandato pouco afortunado para a maioría da veciñanza do noso municipio”.

Agardan explicacións por parte do alcalde de Vimianzo

A candidata socialista quere unha explicación e de paso saber se esta circunstancia   ten provocado consecuencias e polo tanto atrasos na posta en marcha ou resolución de algúns dos asuntos que ían na orde día destas reunións.

“Antelo debera explicar os motivos que lle impediron reunir con normalidade o tódolos compoñentes do seu grupo de Goberno, e adiantar á veciñanza as medidas que se van tomar para que os asuntos que pretendían tratar non sufran demora algunha por esta curiosa circunstancia” engadiu Rodríguez.

Insiste Rodríguez na “excepcionalidade do caso” porque as reunións tiñan unha periodicidade fixada de antemán, aprobada no seu día no Pleno da organización. “Celébranse todos os primeiros e terceiros luns de mes, polo que a xustificación dunha ausencia podería realizarse con tempo, salvo nun caso de urxencia, pero neste caso faltaron polo menos tres concelleiros, provocando a falla de quorum”. 

A socialista asocia esta “repentina apatía dos concelleiros e concelleiras do Goberno” por asistir ás responsabilidades institucionais propias do seu cargo coas “notables ausencias coas que un destacado membro do Goberno local ven empregando como mostra do seu malestar con algunhas decisións da Alcaldía”, dixo.   

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos